Leopoldo Rubido dimite

Leopoldo Rubido dimite

05 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Leopoldo Rubido deixa a Alcaldía de Cedeira para dar paso a unha nova xeración que trate de gañar o futuro, segundo palabras do ex rexedor. Nun pleno extraordinario celebrado esta mañá, oficializó a súa renuncia como Alcalde e Concelleiro tras corenta anos no Concello, dos cales 32 exerceu como rexedor. Segundo marca a Lei Electoral relévao nas súas funcións, Alfredo Vilela, concelleiro de Obras e Servizos e número dous na lis

Cumpridos máis de corenta anos noConcello de Cedeira, dos cales 32 exerceu como Alcalde da vila, Leopoldo Ru-
bido Ramonde anunciaba esta mañá, en sesión plenaria extraordinaria, a súa renúncia aos cargos de rexedor e edil da corporación. Explicou que, coa súa decisión, quere dar paso a unha nova xeración que trate de gañar o futuro proporcione estabilidade a Cedeira. E lembrou que, desde moi  novo, tivo unha inquedanza grande por servir aos seus concidadáns e, sobre todo, aos que máis o necesitan. Por iso, afirmou, sempre tentou desempeñar o cargo de Alcalde "con ilusión, austeridade, limpeza e eficacia, firme sempre na crenza de que a política ha de ser terreo infértil para as aspiracións económicas".

No seu discurso de despedida, eludiu enumerar os logros alcanzados e limitouse a dicir que, "Cedeira nestes anos é máis fermosa, máis xusta e máis de todos". Por último, quixo dar as grazas a todos aqueles que colaboraron con el,
concelleiras, funcionarios e amigos, cun recordo emocionado para os seus pais e a súa familia. E concluíu a súa intervención desexándolle ao novo Alcalde e ao seu equipo  mellor xestión e éxito.

 

Sociedade