Libros culinarios na Biblioteca Municipal de Fene

Libros culinarios na Biblioteca Municipal de Fene

18 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca municipal fenesa preparase para o Dia do Libro e das Letras Galegas con tres citas pensadas para rapaces de entre 3 e 10 anos. O Dia doLibro, o próximo martes 23, estará na biblioteca "Pablísimo" presentando os “Contos de sobremesa”. Para os adultos, a biblioteca fenesa amosa un escaparate de "Libros culinarios".

O 20 de maio a biblioteca celebra as Letras galegas coa presencia de Xerezade Bagdají para recrear o conto “Onde viven os monstros” con sombras chinesas. Por ultimo, no mes de xuño actuan Trinke Trinke, os ratos da biblioteca.

Para os adultos a bibliotecaria, Sonia Iglesias, preparou un escaparate de libros relacionados coa cociña. Libros de tema culinario para comer sano e para ser máis creativos porque, falando de literatura: “A comida sempre ten saída” .

Por suposto coas novelas toparemos na biblioteca de Fene esta primavera, novas entregas como “El asesino dentro de mí”, “El corazón del Océano” ou “Martes con mi viejo profesor”, unha historia, esta última, ben emotiva, segundo a bibliotecaria municipal que esta mañá presentou as novidades en Radio Fene.

Sociedade