A liga madruga

A liga madruga
01 de Febreiro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga madruga. Os equipos de Fene da Segunda Galicia de fútbol xogan os seus partidos desta xornada o domingo pola mañá. Soamente o Maniños recibirá ao Numancia de Ares o domingo as catro e media da tarde no campo do Pote. Arbitra David Rapela. O domingo pola mañá xógase o encontro de rivalidade entre O Pote e o Perlío. O partido comezará ás doce e cuarto no campo do Pote de Maniños. Pitará Francisco Piñón.

Tamén en xornada matutina o Barallobre recibe ao Capela. Domingo, as doce da mañá no campo do Ramo. Dirixe o encontro o colexiado Eduardo Morales.

Deportes

Publica o teu comentario agora