A limpeza de sangue de Rubén Ruibal

A limpeza de sangue de Rubén Ruibal

27 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Espello Cóncavo estreará o sábado 2 de outubro no Pazo da Cultura de Narón “Limpeza de sangue”. Trátase do texto co que Rubén Ruibal gañou o Premio Álvaro Cunqueiro en 2005 e o Nacional de Literatura Dramática no 2006.  A montaxe estará dirixida por Arturo López e protagonizada por un amplo elenco artístico entre os que figuran Sergio Zerraeta e Xavier Pan, nos papeis de Fernando e Pantale&o

A obra ven precedida de polémica porque a Xunta de Galicia non a puxo en escea no seu día tal e como marcaban as bases do Premio Álvaro Cunqueiro. Despois dun litixio nos xulgados que gañóu finalmente o dramaturgo, a obra pónse ao fín sobre un escenario pero por iniciativa do grupo Espello Cóncavo e sen axuda da administración autonómica. O autor saca dí que sacou algo en limpo deste lío, a inspiración para un ssainete ou unha farsa.

“Limpeza de sangue”, podémola ver o sábado 2 de outubro no Pazo da Cultura de Narón, a cargo de Espello Concavo. Unha obra adicada a Roberto Vidal Bolaño, a Martín e Bruno e a Luna.

Cultura