A limpeza do noso mar, unha obriga de todos

A limpeza do noso mar, unha obriga de todos

22 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Que residuos sólidos poboan os fondos mariños galegos? Podemos coñecer a resposta grazas o labor de máis de 300 mariñeiros, de 80 embarcacións de artes menores e de arrastre litoral, que fixeron posible a experiencia práctica ”Nada pola Borda”. Trátase dun proxecto de recollida e posterior xestión dos residuos que se atopan  nos fondos das rías e da plataforma continental galega. A iniciativa está coordinada polo &

Tras tres meses de traballos concluiouse que o 36 % dos residuos dos fondos das rías e da plataforma continental galegas son aparellos de pesca , seguidos dos plásticos nun 21 % os metais nun 19% e os textis. Este é o resultado dunha experiencia piloto levada a cabo durante tres meses en peiraos como os de Vigo, A Coruña, Marín, Burela, Laxe, Fisterra, Muros e Cambados grazas á colaboración de Cetmar. Traballábase sacando á superficie os refugallos para logo seleccionalos. Unha campaña que se vai prolongar no 2010 ampliando o número de portos, embarcacións e tamén de mariñeiros.

Segundo explicou esta mañá en Radiofusión a Directora Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar(Cetmar), Paloma Rueda, búscase concienciar á cidadanía do estado dos nosos fondos mariños e tratar de que non se tire o lixo no mar convertindoo nun auténtico verquedoiro.Rueda destacou que ”Nada pola Borda” xurde da demandas do propio sector pesqueiro ante as atrocidades que se cometen nas nosas augas. Traballan na filosofía de diversificar o sector, non coa creación de barcos exclusivamente adicados á recollida de lixo senón mentalizando e concienciando, fomentando os contratos verdes ou ecolóxicos para garantir a calidade do noso patrimonio mariño e mesmo do peixe. Apostar pola credibilidade do noso mar.

Sociedade