Limpeza simultánea de praias

Limpeza simultánea de praias
16 de Outubro, 2019 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

A ribeira de Maniños limparase este sábado nunha acción conxunta de limpeza de praias. AETNA e ADEGA organizan esta actividade. As persoas voluntarias concentraranse ás dez e media da mañá do sábado no local de AETNA no campo da festa de Maniños. Requírese inscrición previa no número de teléfono 610364551

Ribeira de Maniños

Por outra banda, AETNA continua a organizar saídas para a recollida de cogomelos. Afirman que están a atopar moita seta neste outono. As saídas realízanse os venres as tres e media da tarde, e os sábados ás oito e media da mañá. O punto de partida situase diante de Galerías Otero en Maniños. Continuará esta actividade ata mediados de novembro. Organiza a Asociación Etnográfica e da Natureza.

Sociedade

Publica o teu comentario agora