Lin moito a Alfonso Pexegueiro

Hai que volver a unha poesía da experiencia humana
23 de Maio, 2019 - 11:18 h. | Publicada por Radio Fene

"Hai que volver a unha poesía que fale da experiencia humana, do amor e do desamor porque na nosa sociedade do primeiro mundo a intemperie física está solventada pero hai moitos dilemas morais" afirma Amauta Castro, escritor convencido de situarse na periferia do sistema literario, a pesar dos seus trinta anos de experiencia na criación poética.

ESCOITA O PODCAST:
Amauta Castro no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Lín moitas veces a poesía de Alfonso Pexegueiro. Despois entrei en contacto con él a través das redes sociais. Salienta Amauta Castro, autor do libro “A tarde. O desacougo” galardoado co Premio Pérez Parallé. Amauta Castro (heterónimo literario de Rafael Xoan Muñoz Castro) escribiu a obra "A tarde. O desacougo", un todo que reúne catro partes. Catro poemarios nun, nos que reflexiona sobre a incerteza, a propia poesía, a familia e a destrucción persoal. Amauta era o nome dunha publicación vanguardista de poesía latinoamericana, creada por Mariátegui en 1926. O gañador do Pérez Parallé, fillo de galega e andaluz, naceu en Euskadi por accidente pero criouse en Vigo. Reside na actualidade en Girona por razóns de traballo.

Cultura

Publica o teu comentario agora