Liscos e a orquestra Panamá nas festas dos Santos

Liscos e a orquestra Panamá nas festas dos Santos
22 de Maio, 2019 - 01:22 h. | Publicada por Radio Fene

A orquestra Panamá arrufará este ano as festas dos Santos en Perlío. A comisión organizadora ten xa ultimado o cartaz duns festexos que se celebrarán o venres sete de xuño, sábado oito e domingo nove.

ESCOITA O PODCAST:
Jesús Carneiro e Jesús Ares "Lito". Comisión de festas Perlio 2019

Ademais da Panamá, o venres sete tocará tamén en Perlio o duo d´Ases. Ese día terá lugar a festa do lisco entre as nove e as once da noite, segundo comunican os membros da comisión Jesús Ares "Lito" e Jesús Carneiro. Serviránse racións de liscos, pan e viño ao prezo de oito euros. O sábado oito tocarálle o turno ao duo Estrellas e á orquestra Tango. Xa o domingo nove arrufará as pezas do mediodia o grupo Pasión.

Sociedade

Publica o teu comentario agora