Literatura contra o paro

Literatura contra o paro

24 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O castañeiro de abril” trata a historia de Baltasar, un neno cego que vive nun barrio gris baixo o xugo de dúas tías crueis cuxa vida dá un envorco aventureiro cando coñece ao personaxe que dá título á novela. Antonio Fraga, natural de Pontedeume, escrebeu esta novela “O castañeiro de abril” para sandar da ansiedade do paro. Foi galardoada este ano co Premio Merlín de Literatura Infantil, de Edicións X

“Non podía ser nun lugar mellor” afirmou esta mañá Antonio Fraga ao preguntarlle polo lugar no que se presentará a súa obra. O escritor agradeceulle o labor de preparación ao bibliotecario de Pontedeume, Alexandre Cainzos.

A obra preséntase mañá venres 25 en Pontedeume nun acto no que participará o alcalde da vila Gabriel Torrente, o director de Xerais Manuel Bragado e o ilustrador Antonio Seijas. O acto comezará ás oito da tarde do venres na Casa da Cultura, na Praza do Convento de Pontedeume.

Sociedade