Lolo Penas e Hassan Leikili correrán este domingo a Memorial Adolfo Ros

Lolo Penas e Hassan Leikili correrán este domingo a Memorial Adolfo Ros

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O atleta mundialista Lolo Penas correrá este domingo a Memorial Adolfo Ros en Ferrolterra (A Coruña). Tamén participarán Suso de la Fuente, Hassan Leikili, María Xesús Gestido ou María Abel, entroutros atletas de gran categoría. O número de deportistas inscritos supera xa os 700, combinando o caracter popular co seu alto nivel, segundo indicaron este mediodia en roda de prensa os organizadores.

Os Concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda organizan conxuntamente esta homenaxe ao ATS ferrolán Adolfo Ros, falecido en agosto do 1985 na praia de Doniños, cando auxiliaba a varios nenos en perigo polas fortes ondas do mar. Ademais de Adolfo Emilio Ros Rodal, de 27 anos de idade, faleceron aquel dia tres nenos de 14, 13 e 11 anos de idade. Adolfo Ros botouse ao mar para intentar rescatar aos nenos en perigo. Pénsase que perdeu o coñecemento debido a un golpe de mar que o puido lanzar contra a area da praia. Na Memorial Adolfo Ros só poderán participar con dereito a premio, os atletas españois ou estranxeiros nacionalizados en paises que limiten coa fronteira galega sempre que non foran internacionais no seu país nos últimos cinco anos. Poderán participar igualmente atletas estranxeiros non internacionais con permiso de residencia ou de traballo.

Deportes