Los Limones no Dia Internacional da Xuventude

Los Limones no Dia Internacional da Xuventude

11 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un concerto gratuíto do mítico grupo local Los Limones porá mañán o broche de ouro a todo un dia de actividades dirixido á mocidade. Un venres diferente en Ferrol para conmemorar o día internacional da xuventude.

 No entorno das prazas de España e de Armas haberá un futbolín humano, unha pista americana, un inchable xigante, camas elásticas e xogos clásicos como o parchís, a diana, etc. Tamén se instalará un circuíto de karts a pedais.

Grazas á colaboración de varios clubs deportivos de Ferrol, as persoas que asistan a esta xornada van poder participar de eventos e exhibicións pouco frecuentes na cidade. Pola mañá, entre as 11 e as 2, haberá un taboleiro xigante de xadrez cedido polo club ferrolán e unha gimkana para bicis, deseñada polo club ciclista.

E pola tarde, entre as 6 e as 9, poderanse ver varios ponis do club hípico A Camposa, unha táboa de windsurf de FerrolVento e unha exhibición de patinaxe do club Raiolada. Para rematar, de seguro que non faltará a canción Ferrol entre o repertorio preparado por Los Limones para a ocasión. O concerto comeza ás dez e media da noite, totalmente de balde.

Sociedade