Los Tigres del Cañotas: “Máis económicos que un boy”

Los Tigres del Cañotas: “Máis económicos que un boy”

13 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os meus compañeiros caseque non poden nas despedidas de solteira, afirma Suso Balado, alma mater de Los Tigres del Cañotas, un dos grupos musicais de éxito en Ferrolterra. “Pero cando eles definitivamente se retiren acudirei eu en solitario como cantautor” salienta o vocalista do grupo.

“Vimos o que cobraba un boy,  nós somos 4,  estamos espidos durante 2 horas e ainda por riba tocamos algo” afirma cun sorriso Balado, intentando demostrar a rendabilidade das súas actuacións nas festas de mulleres. Afirman ser “un grupo de culto” e desexan tocar nun festival de reis para a infancia onde cantarían “Sergio en Perlío”, versioneando o seu tema “Sexo en Perlío”. Resumen as razóns do seu éxito nunha “presencia impecable, trasmisión festiva e na carencia de vergonza”. Concluien coa certeza da lenda urbana que fala deles como “rapaces fáciles”. “Non os hai máis fáciles, iso é unha realidade pura e dura” manifesta o alma mater de “Los Tigres del Cañotas”.

Cultura