Los tigres del Cañotas: Ay Ramoncín, eres un pillín

Los tigres del Cañotas: Ay Ramoncín, eres un pillín

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Si estás vestida no me quieres, y desnuda por mi mueres.Así reza o retrouso da canción, Zumo de ti, un dos temas incluidos no último CD de Los Tigres del Cañotas, o grupo de rock sen vergoña de Fene (A Coruña).Outro dos temas do grupo conclue: Ay Ramoncín, eres un pillín.

Serán tigres ou gatitos?. A esa pregunta poderá responder o público que asista mañá venres ás 23 horas a Casa Ardá en Limodre. Alí o grupo presentará o seu traballo Love songs. Co primeiro CD afirmaban que querían suscitar unha resposta, no público feminino.

 

Agora anuncian que cantan en cumpreanos, despedidas de solteiras e de casadas. As persoas que non poidan acudir a velos a Limodre, terán ainda oportunidades o 20 xuño nunha concentración de motos en Fene, o 10 xullo en Mugardos ou o 7 agosto no pub Gatos de Melide.

 

O tema denominado Ramoncín inclue entroutras estas estrofas:

 

Fuiste el rey del pollo frito,

fuiste un intelectual,

y hoy pareces el gerente,

de una multinacional.

(...)

Te metiste con Sabina,

mira que eres animal,

él ya hacía buenas canciones

y tu aun no sabías andar.

 

 

 

Sociedade