ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“No directo está o latexo do artista, pero tamén a complicación”, resume o membro de Luar na Lubre, Bieito Romero, perante o reto de gravar o primeiro traballo do grupo “Ao Vivo”, que é precisamente o título do novo proxecto discográfico do conxunto coruñés. Dous concertos no Teatro Colón de A Coruña, o xoves e o venres, rexistraranse nun dobre disco con documental en DVD que pretende recoller o máis
As entradas para o concerto do venres xa están esgotadas. Aos integrantes de Luar na Lubre satisfailles especialmente o recoñecemento do público da súa cidade. Ademais, para agasallalo, contarán con convidados moi especiais que prestarán a súa voz ás cancións. Entre eles figuran Luz Casal, Diana Navarro e Pedro Guerra, así como Ismael Serrano, que participará no disco dende o estudo de gravación, comentou Bieito Romero en Radiofusiòn .
“Ao vivo”, no que se incluirán os temas prediletos da banda e dos seus fans -“que de cote coinciden”, declarou Romero-, estará nas tendas na primeira quincena de marzo. A seguir, Luar na Lubre comezará unha nova xira, pensando xa en festexar un cuarto de século de traxectoria.