Lucía Etxebarría asistirá o sábado á estrea da nova producción de Rubén Coca

Lucía Etxebarría asistirá o sábado á estrea da nova producción de Rubén Coca

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A nena que tiña unha soa orella” é unha curtametraxe de animación de 13 minutos de duración baseada nun conto infantil de Lucía Etxebarría. Aínda que a peza xa foi seleccionada para participar en distintos festivais de animación de toda España, a súa estrea oficial será o sábado, 19 de setembro, ás 20,30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Unha cita moi especial que presentará a c

Dirixida por Alvaro León e producida por Rubén Coca, “A nena que tiña unha soa orella” está baseada no conto “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña”, con ilustracións de Víctor Coyote. A curta, segundo Coca, é atrevida e experimental, xa que en 13 minutos sen unha soa palabra conta unha historia que invita aos máis pequenos e non tan pequenos da casa a aceptar de maneira natural as diferenzas. Para darlle vida, se empregaron diferentes técnicas narrativas de animación, dende a máis tradicional baseada no uso de monicreques, collages e sombras chinesas, ata chegar ás máis avanzadas de STOP MOTION, 3D e CGI.

Na presentación da súa nova producción, Rubén Coca explicou esta mañá que “A nena que tiña unha soa orella” é o resultado de máis dun ano de traballo. Aínda que a vida comercial dunha curta soe ser breve, o cineasta ferrolán asegurou que tentará variar a tendencia dándolle unha saída didáctica ao filme e orientándoo aos centros escolares.

Sociedade