As luces encéndense o dia 5 de decembro

O concello de Fene diversifica a decoración navideña no 2020
29 de Novembro, 2020 - 08:17 h. | Publicada por Radio Fene

A área que dirixe a socialista Ana Basoa pon da súa parte un alumeado navideño novidoso e mais diversificado en todas as parroquias do concello, pensado nos cidadáns e nos comerciantes.

ESCOITA O PODCAST:

Fene procede estes dias á colocación do alumeado navideño. Quere telo listo para o seu encendido o dia 5 de decembro. Este ano, con máis empeño que nunca, quere que nas rúas se note o espíritu navideño e compensar aos comerciantes do revés sofrido polas últimas medidas da Covid19. Con ese motivo a área de promoción económica que dirixe Ana Basoa decidiu este ano mellorar e diversificar o tipo de alumeado e colocar, a maiores das típicas arcadas, outros elementos lumínicos máis creativos ou que chamen a atención dos cidadáns. Basoa adiantounos algúns deles como a decoración de árbores naturais ou o esmero na decoración do cruce de Fene cun abano de luces e outors motivos na farola central. Sorprenderá a decoración do teito da marquesina da rúa Olmeiros ou a decoración en zig-zag da rúa do concello. Está previsto tamén a colocación de tres motivos verticais que se ubicarán en San Valentín, Praza Verde e diante da Casa da Cultura. O presuposto a investir acada nesta ocasión os 14.915 €.

 

(Na imaxe, decoración de Nadal na cidade de Porto en 2019)

Institucional

Publica o teu comentario agora