Luces nas obras da estrada a Peinador

Luces nas obras da estrada a Peinador

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Fomento restablecerá a iluminación na N-555 no prazo dunha semana. Así o afirmou o alcalde, Xaime Rei, a raíz dunha pregunta plantexada polos populares na sesión plenaria celebrada na tarde de onte.O edil popular, Alberto Pazos mostrou a preocupación do seu grupo polo perigo que supón para condutores e peóns a falla de iluminación no tramo en obras da N-555, a estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador ao seu paso pola parroquia de

O alcalde Xaime Rei afirmou que, conscientes da inseguridade vial que se vive na zona pola pouca visibilidade, dende o goberno local xa se puxeron en contacto cos responsables da obra para que solucionen o tema con urxencia. Unha demanda que recibiu unha contestación satisfactoria xa que segundo palabras do rexidor local “comprometéronse a solventalo en breve”.

Unha sesión plenaria de trámite que durou a penas 15 minutos e que incluía dentro da orde do día tan só cuestións burocráticas. A sesión debía terse celebrado o mércores 25 de febreiro pero os voceiros dos grupos municipais decidiron pospoñelo por coincidir nos últimos días da campaña electoral.

Sociedade