Lugo reacciona

Lugo reacciona

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Secretaria Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Isaura Leal, acompañada do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, do Alcalde de Lugo, José López Orozco, e do Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, inaugurará mañá venres a xornada “Lugo Reacciona. Debate con Propostas de futuro fronte ó despoboamento demográfico”. Celebrar&

Dende hai varios meses, o organismo provincial estivo traballando na organización do encontro, que é o primeiro destas características que se celebra na provincia, e do que se extraerán propostas de futuro concretas e con continuidade no tempo para contribuír a frear o despoboamento demográfico, buscando solucións situación que atravesa Galicia e a provincia en particular.

A xornada, de entrada libre, dará comezo ás 17:00 horas. Logo da inauguración constituirase a mesa-debate formada polos mellores especialistas en demografía de Galicia. Neste senso, ademais da Secretaria Xeral da FEMP, daranse cita nas dependencias provinciais, Melchor Fernández, Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA); Andrés Precedo Ledo, profesor especialista en Xeografía Humana, ex-director e Secretario Xeral da Xunta de Galicia; José Manuel Colmenero Álvarez, especialista de Estatísticas e Investigación Operativa e delegado provincial do INE en Lugo; e de Francisco Sineiro García, un dos profesores con maior prestixio en Galicia de Economía Agraria e ex Conselleiro de Agricultura da Xunta con González Laxe. As conclusións para a súa posterior elaboración correrán a cargo do profesor e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, Vicente González.

O encontro estará moderado polo que foi Director de Sondaxe durante 20 anos e Profesor de Socioloxía, Gabriel Vázquez. A clausura correrá a cargo do Presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, e do Presidente do organismo provincial.

Sociedade