ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Luis Eduardo Aute ofrece un concerto o vindeiro xoves 4 de marzo no Pazo da Cultura de Narón (A Coruña). Unha hora e media de concerto na que Aute interpretará temas do seu traballo “Memorable cuerpo” un traballo de luxo publicado a finais do 2009, onde recolle 7 CDs, DVDs e 1 libro. As entradas póñense á venda dende a tarde de mañán sabado, ao prezo de 20 euros para o publico en xeral e a 14 € para os aboados.
Póñense á venda aberta aproximadamente unhas 750 entradas. Empezan a venderse mañán na taquilla de 5 a 8,30. Logo de luns a xoves (dia do concerto) pola mañán de 11 a 13,30 e polas tardes, de 6 a 8. Cabe a posibilidade de mercalas por teléfono no 981 102897.
O Padroado de Cultura do Concello de Narón puxo en marcha un sistema de reserva telefónica para facilitar a adquisición de entradas para os espectáculos programados no Pazo da Cultura durante o Primeiro trimestre deste año. O público poderá reservar ou adquirir as entradas mediante chamada telefónica ao 981 10 28 97, en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00.