Luis Pimentel, sombras do aire na herba

Luis Pimentel, sombras do aire na herba

22 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os ríos, a lúa, mirtos, os xardíns son algúns dos elementos da poesía de Luis Pimentel, médico de Lugo nacido en 1895. Os seus versos expresan tenrura, sensibilidade e unha aparente sinxeleza. Renuncia á rima e á estrofa, o que da á súa obra un aire de prosa poética inzada de musicalidade e de exquisita delicadeza.

O poeta Luis Pimentel morreu en Lugo en 1958. Os versos de Pimentel son produto dunha lenta maduración, de asimilación dun grande número de influencias. Seres e obxectos que convidan á intimidade constituen o seu mundo poético.

 

De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada. Luis Pimentel, o poeta do abismo interior.

 

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega.

Sociedade