Luis Tosar na ópera

Luis Tosar na ópera

01 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A acción transcurre en 48 horas. Pero en “A ópera dos tres reás” hai unha manifestación e duas condeas a morte. O argumento da obra que esta tarde se representa de novo en Narón, xira en torno a unha grande celebración da que todo o mundo se quere aproveitar. Un bandido -encarnado por Luis Tosar- protagoniza a obra, segundo explica o director da representación Quico Cadaval.

Ao aparecer na actualidade a crise económica, os temas de Bertold Brecht volven ao primeiro plano, semellan moi frescos. “Primeiro a comida e logo é a moral” afirmaba o autor teatral. O Centro Dramático Galego trae ao Pazo da Cultura de Narón de novo esta tarde “A ópera dos tres reás”.

Sociedade