Luis Tosar, nos tres filmes preseleccionados para os Oscars

Luis Tosar, nos tres filmes preseleccionados para os Oscars

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O actor galego Luis Tosar participa nas tres películas preseleccionadas para os Oscars. Ademáis a produtora coruñesa Vaca films tamén interveu en duas das tres longametraxes.

Celda 211, de Daniel Monzón, Lope, de Andrucha Waddington e También la lluvia, de Iciar Bollaín son as tres películas preseleccionadas pola Academia do cinema español para o Óscar ao mellor filme de fala non inglesa. Unha de época, unha máis humana e social, e un thriller que arrasou nos últimos premios Goya, con oito figuras. Agora os académicos votarán de novo para decidir a definitiva, que se anunciará o próximo día 28.

A lectura do trío realizouna esta mañá o actor Luís Tosar, que curiosamente traballa nas  tres. "Son casualidades da vida", asegurou o actor galego. Tosar non desvelou a súa favorita, aínda que si comentou: "Son filmes moi, moi diferentes. Cada ano Hollywood cambia de opinión, non sei que leva agora por alí... Tal vez iso é un cliché moi marcado".

Cultura