Luz para a inauguración da capela de San Roque, de Sada

Luz para a inauguración da capela de San Roque, de Sada

24 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

A remodelación da capela de San Roque de Sada - A Coruña- inaugúrase cun espectáculo lumínico inédito e exclusivo.
A empresa dalleqlibras (DQL) deseñou para a ocasión unha proxección arquitectónica sobre a fachada e os laterais do templo. 6.500 lumens e 12.000 watios de potencia de luz iluminarán a fachada e os laterais da capela de San Roque de Sada este venres, 25 de marzo, a partir das 22:30 horas.

 Esta proxección arquitectónica, deseñada en exclusiva para este evento polo iluminador de
DQL Suso R. Arias, suporá a inauguración da remodelación desta capela para auditorio e
sala de exposicións. A iluminación, con City colors e leds, proxectará imaxes de Sada
realizadas por Mari Malvido, Carmen Fernández Torrón e Pixel Films, acompañadas
sempre dun fondo musical.

Con este evento, Sada pasa a ser un dos poucos concellos galegos nos que se teñan
realizado proxeccións destas características, habituais só en Compostela, no 25 de xullo,
sobre a fachada da catedral. Máis recentemente, DQL realizou outra proxección
arquitectónica sobre a fachada da Domus, na Coruña, con motivo do Día Internacional
contra a violencia de xénero (imaxes en www.dalleqlibras.com). As dimensións, neste
caso, son máis reducidas, e a proxección adáptase a elas cun traballo artístico orixinal,
imaxes inéditas e deseño específico.

A proxección rematará cun pequeno número de pirotecnia. O evento será gravado en
vídeo e haberá unha reportaxe fotográfica realizada por dalleqlibras, que cederá
gratuitamente as imaxes ao Concello para o seu uso.

Sociedade