Mágoa non aguantar o empate

Mágoa non aguantar o empate
28 de Febreiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Inclemencias meteorolóxicas e unha expulsión marcaron o partido da Segunda Galicia de fútbol feminino Orzán B - Maniños. Pola mínima, gañaron as locais, 1-0, cun gol marcado na recta final do partido. 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un pouco amargo non poder aguantar o empate”, lamenta o adestrador do Cultural Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “A expulsión é un pouco rigorosa, a partir de aí as xogadoras tiveron que multiplicarse, porque faltaba unha”. Nesas circunstancias, coas inclemencias meteorolóxicas o equipo tivo que cambiar o seu xogo “xogar ao fútbol desde abaixo esta semana non puido ser, hai que acomodarse e pelexar”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora