Máis calidade nas tapas

Máis calidade nas tapas
17 de Abril, 2019 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

O XII Concurso de Tapas de Fene arrincará o xoves 2 de maio. Durante dous fins de semana, poderánse degustar as tapas nos establecementos participantes. Buscando ofrecer unha maior calidade no produto e dacordo coas opinións do sector hosteleiro, este ano as tapas cobraránse.

O Café Bar A Ponte leva varios anos participando no Certame de Tapas de Fene

O concurso desenvolverase do 2 ao 12 de maio, xoves e venres de 20 a 22,30 horas; sábados de 13 a 15 h e de 20 a 22,30 h e, os domingos, de 13 a 15 horas. Así mesmo, haberá dúas categorías: tapa tradicional e tapa creativa. Cumpre nesta edición os doce anos de vida.

Entre todos os clientes que selen a Fenerruta sortearáse unha viaxe a Londres ou Milán con estancia de tres dias, unha escapada rural, a limpeza da tapicería dun turismo e tres meses de inscrición nun ximnasio. Haberá tamén premios para a clientela que probe algunha das tapas e para os establecementos que recollan o maior apoio da clientela. As tapas cobraránse a un prezo de 1,50 euros a unidade.

O xurado seleccionará as tapas gañadoras en cada categoría, valorando ingredientes, elaboración, creatividade, sabor, presentación e o concepto da tapa. Deberá ser pequena e poder degustarse en dous ou tres bocados.

Sociedade

Comentarios

Vaia concurso 4 e o tambor. Non lle chegan os bares a Gumersindo para as birras
Nome: 
Vaia ruína 4 e o tambor

Publica o teu comentario agora