Máis de 150 participantes no marathon de fútbol sala Concello de Redondela

Máis de 150 participantes no marathon de fútbol sala Concello de Redondela

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Pavillón de Deportes de Redondela acolle este xoves, venres e sábado o XXVIII Maratón de Fútbol Sala Concello de Redondela, que se disputara nas categorías sénior masculino e feminino. As inscricións poden formalizarse na cafetería Aifos de Redondela,  no teléfono 986 404 040, ata as 21.30  horas do martes día 7, momento no que se celebrará o sorteo.

O importe da inscrición é de 60€ mais 20€ de fianza, para os equipos femininos, e de 100€ mais 30€ de fianza para os masculinos.  Ao finalizar o torneo, no que está prevista a participación de numerosos equipos de toda a provincia, -cerca de trinta segundo a organización-  entregaránse trofeos ao 1º, 2º, 3º e 4º clasificados, ao equipo menos goleado, á deportividade, ao mellor xogador e ao máximo goleador.

O maratón, que se xogará de xeito ininterrompido dende o xoves ata o sábado,  está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala en colaboración coa concellaría de Deportes, e patrocinado por Umbro e a cafetería Aifos. O torneo foi presentado no transcurso dun acto no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Carlos González Fernández, e o responsable das categorías base do Club Redondela Fútbol Sala, Juan Manuel Nogueira Santos.

 

Sociedade