Máis de 500 hectáreas arden en Negreira

Máis de 500 hectáreas arden en Negreira

15 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O primeiro gran incendio do ano produciuse esta fin de semana en Negreira. O lume orixinouse na madrugada do sábado e achegouse con perigo a zonas de vivendas.

O lume orixinouse ao tres da madrugada en catro puntos distintos do monte Corzán, e mantivo en vilo aos veciños das aldeas de Porqueira, Romarís e Xallas de Abaixo, na parroquia de Arzón. Aínda que non foi necesario desaloxar casas, os medios de extinción tiveron que empregarse a fondo, xa que o vento e a orografía complicaron o seu traballo. Medio Rural afirmou a última hora da tarde de onte que o lume estaba «próximo ao seu control». Na súa extinción traballaron un técnico, 5 axentes forestais, 17 brigadas de entre 5 e 7 persoas, 5 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 5 avións.

Sociedade