Máis de 80 autobuses de Ferrol á Coruña

Máis de 80 autobuses de Ferrol á Coruña

09 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 80 autobuses desprazaron esta mañá aos traballadores de Navantia e das compañias auxiliares de Ferrol á Coruña. O sector naval reclama ocupación e carga de traballo, diante dunha das crises máis serias da construción de buques nos últimos 100 anos.

A escasez de ocupación no naval é falla de traballo para toda a comarca. Unha plena oucpación dos estaleiros dan traballo a máis de 17.000 empregados en Ferrolterra. Pero ao naval ferrolán se lle acaba o tempo. Ou se logran novos contratos con urxencia ou a partir do verán a depresión provocará unha situación social de extrema gravidade, segundo aseguran os sindicatos.

Sociedade