Máis de cen persoas inscritas na cea da década dos oitenta

Máis de cen persoas inscritas na cea da década dos oitenta
07 de Febreiro, 2019 - 11:28 h. | Publicada por Radio Fene

Xa hai cento quince persoas apuntadas pero ainda se reciben reservas ata esta noite. Un Dj arrufará a xornada con música da década dos oitenta. A comisión de festas de Maniños organiza a segunda cea-baile o próximo sabado ás 10 da noite, nas instalacións da sociedade O Pote. Unha festa anos 80 na que soará musica desa década despois da cea a base de callos e lacón asado coa súa sobremesa, bebidas e café. “Xa temos moito Almax encargado na farmacia de Maniños” bromean os membros da organización.

ESCOITA O PODCAST:
Jesús Marcos e Carlos Montero. Comisión de festas de Maniños. 2019

A comisión de festas premiará á persoa mellor caracterizada dos 80.  Véndensa xa os bonos para a cea-baile no Jesibar, no Malpica e na cantina do Pote. Forman a comisión Marcos Rivera, Nieves Rey, Javier Lorente, Gloria Pérez, Jesús Marcos, Carlos Montero, Adrián Pérez, Jorge Rodeiro, Victor Terrada, Juan Rañales, Ignacio Marcos e Tonucho. Traballan para organizar o Carme (14 de xullo) o San Salvador (6 e 7 de agosto) e a romaría do Pote (26 de agosto). En función da marcha da recaudación, decidirán o programa e as orquestras que este ano virán a esta parróquia de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora