Máis exercicio contra a fatiga oncolóxica

Máis exercicio contra a fatiga oncolóxica
09 de Febreiro, 2022 - 09:18 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene abrirá un novo grupo da actividade de educación física contra a fatiga oncolóxica, destinado a persoas que pasaran a enfermidade recentemente ou que se atopen actualmente en tratamento. A actividade desenvolverase no pavillón da Xunqueira, en San Valentín, os luns e mércores de 17:00 a 18:30 horas. 

Trátase dunha actividade de intensidade suave a moderada, que trata de axustarse en tódolos casos ás características e posibilidades de cada persoa. Baséase nos contidos propios da Educación Física, así como tamén exercicio cardiovascular, mobilidade articular, estiramentos, relaxación, respiración, forza a nivel funcional, equilibrio, coordinación,... empregando para tal fin os exercicios físicos e os métodos máis aconsellables para cada persoa.
A esta actividade acoden persoas que están pasando ou pasaron por un proceso de cancro e que se atopan en diferentes momentos ou tempos en relación coa enfermidade. Algunhas persoas o teñen máis recente e outras o pasaron xa hai anos. Por este motivo, plantéxase a necesidade de dividir ao alumnado en 2 grupos que realicen actividades de diferente intensidade en relación coa fase na que se atopen xa que as necesidades tanto de actividade física como de axuda psicolóxica son diferentes. Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade municipal, poden realizar a súa inscrición no pavillón polideportivo da Xunqueira. Será preciso solicitar cita previa no teléfono 981 492 804, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas ou os mércores de 16:30 a 19:00 horas.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora