Máis frío en Inglaterra que en Galicia

Máis frío en Inglaterra que en Galicia
03 de Marzo, 2020 - 10:14 h. | Publicada por Radio Fene

Menos frío en Galicia que en Inglaterra. Esa foi a opinión que esta mañá trasladaron os peregrinos ingleses que iniciaron en Ferrol o camiño a Santiago de Compostela. O alcalde de Fene Juventino Trigo deulles a benvida e ofreceuse para satisfacer as necesidades dos viaxeiros.

ESCOITA O PODCAST:
Peregrinos ingleses no Camiño de Santiago

A hospitalidade e a paisaxe chamaron a atención dos catorce peregrinos procedentes da zona de Durham e NewCastle. A ruta desde Inglaterra parte da abadía de Finchale e pasa pola catedral de Durham. O rei Enrique VIII prohibira esta ruta de xeito simultáneo coa supresión dos mosteiros no século XVI. Catorce peregrinos recuperaron ese camiño neste ano 2020.

Sociedade

Publica o teu comentario agora