ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nin tanto nin tan pouco deberon pensar os candidatos que devecían por un día gris para que a xente fose a votar e non marchase fóra do municipio. A Coruña sacou o disfrace de primavera dos pasados días e vestiuse de inverno. Rúas enchoupadas e orballo intermitente manteñen as rúas do centro da urbe herculina orfas dos habituais paseantes dominicais. Case igual de baleiras están as urnas dun colexio electoral que debuta. O reformado mercado
Precisamente, a chuvia de papeletas podería precipitarse cando as familias asistan á tradicional misa. Cumprir coas obrigas católicas semella unha boa ocasión para cumprir tamén cos dereitos democráticos neste colexio que permanece moi tranquilo nestas primeiras horas da xornada electoral. A calma e a falta de incidencias contrasta co balbordo que de cote se forma no lugar, ateigado de comercios e novo punto favorito de reunión da burguesía da zona así como da rapazada que bule arredor das moitas tendas de moda xuvenil do imperio Inditex, que ten nesta Praza de Lugo un dos seus puntos neurálxicos de venda.
Na cidade da Coruña están chamadas a votar 219.662 persoas. Uns 17.000 integrantes do censo herculino residen no estranxeiro. A capital provincial, que nos últimos 20 anos non coñece outro goberno que o socialista na Alcaldía de María Pita, deu tamén o seu apoio maioritario nos comicios autonómicos ao PSdeG. Hai catro anos, a candidatura de Touriño obtivo o 38,6% dos sufraxios, fronte ao 35,6% do PP e o 21,7 do BNG. Ningún dos principais aspirantes á presidencia da Xunta votará hoxe á sombra da Torre de Hércules. Ás once da mañá, cando en toda Galicia, segundo os datos da Consellaría de Presidencia, xa se constituiron as mesas, acoden aos seus colexios electorais os líderes das forzas parlamentarias. Alberto Núñez Feijóo votará en Vigo, Emilio Pérez Touriño en Santiago e Anxo Quintana en Allariz. Farano no medio de gran expectación, a que de boa mañá non existe no centro da Coruña nunha xornada electoral na que abunda máis a chuvia que os votos.