Máis seguridade en Ares

Máis seguridade en Ares

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares vén de recibir a resolución da Delegación do Goberno en Galicia pola que o seu máximo responsable, Antón Louro, autoriza a renovación da instalación de videocámaras fixas no entorno do Consistorio. Esta decisión adoptouse despois da emisión dun informe favorable da Comisión de Garantías de la Videovigilancia de Galicia, emitido na súa reunión do 23 de marzo deste ano.

En concreto, trátase de seis cámaras fixas ubicadas no exterior do Consistorio, na avenida Saavedra Meneses que, segundo esta resolución, manteñen o mesmo alcance, condicións e características que se sinalan na primeira resolución favorable, con data 22 de abril de 2008.

O  obxectivo de ditas cámaras non é outro que o de previr o vandalismo e accións ilícitas como pintadas no principal edificio municipal. A renovación abarca o período dun ano e dous meses antes de que este prazo remate e o Concello, se o considera oportuno, deberá solicitar á Delegación do Goberno unha nova renovación desta autorización.

Sociedade