ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene comunica que as 6.000 máscaras adquiridas a pasada semana se distribuirán seguindo o padrón municipal. Son arredor de 5.000 para maiores de 60 anos e as 1.000 restantes para o colectivo infantil. Con todo, calquera persoa pertencente a un grupo de risco -con enfermidades coronarias ou respiratorias crónicas, diabéticas, inmunodeprimidas, con cancro ou embarazadas- poden solicitar o seu cubrebocas contactando co departamento de Servizos Sociais no 981 492 706, onde atenden en horario de mañá. Esta mañá xa chegaron ás casas da rapazada de Limodre e Magalofes.
Durante a fin de semana, Goberno e persoal municipal do Concello de Fene continuaron o ensobrado de cubrebocas que se empezaron a distribuír o venres a través de Correos. Xa chegaron as da rapazada, que teñen unha talla menor e cores moi rechamantes. Ademais, as nenas e nenos de Fene recibirán coa máscara un carné acreditativo da súa afouteza durante esta crise.
Iso si, desde o consistorio insístese na vixencia do Estado de Alarma e que non se debe baixar a garda. Máis importante que o uso de cubrebocas -que só se aconsellan en determinadas circunstancias- son as seguintes precaucións: respectar o confinamento saíndo só para cousas esenciais -compra, médico, farmacia... ou pasear con menores atendendo ás condicións decretadas por Sanidade-, gardar as distancias sociais (2 metros), lavar as mans con frecuencia, non tocar a boca, os ollos e o nariz, esbirrar ou tusir en panos desbotables (ou contra o interior do cóbado) e non saír da casa (nin sequera para o básico) se se teñen síntimas coincidentes cos da COVID-19.
Publica o teu comentario agora