Méndez asegura que a súa participación na nova Caixa será moi activa

Méndez asegura que a súa participación na nova Caixa será moi activa

17 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente da Fundación Caixa Galicia mostrouse tremendamente satisfeito pola labor desenrolada e ilusionado por poder participar a través da Fundación na nova Caixa, unha participación que, segundo José Luís Méndez, será moi activa. Asemade, Méndez augurou un futuro magnífico á nova Caixa, pero evitou pronunciarse sobre a modificación da Lei por lectura única no Parlamento.

Tralo anuncio da súa xubilación, o presidente da Fundación Caixa Galicia facía estas declaracións no acto de recibimento á visitante número 100.000 da exposición “Santiago, punto de encontro” enmarcada na programación conxunta de Xacobeo 2010 e Caixa Galicia. Tamén acudiron o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente da Comisión Capitular de Cultura e Arte da Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, e a visitante número 100.000, Rosita de la Barra Abascal, de nacionalidade chilena e residente en Suíza, quen recibiu un lote de publicacións e libros como agasallo.

Roberto Varela indicou que fai pouco máis de dez días, a visitante coincidira casualmente co conselleiro en Xenebra na inauguración da exposición do artista galego Darío Basso no Pazo das Nacións Unidas, onde lle pediu a Varela que lle recomendara lugares para visitar en Compostela. Curiosamente a exposición “Santiago, punto de encontro”, foi un dos lugares recomendados polo conselleiro.

Sociedade