ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Neda, Angel Alvariño, cré que neste momento toca colaborar coas administracións supramunicipais para conter a pandemia e que esta pase pronto.
A máxima do alcalde de Neda, Ángel Alvariño, neste momento é remitirnos ás normas sanitarias xerais e quedar na casa, mínimos desprazamentos e manter a distancia de seguridade. Para calquera dubida ou necesidade, Alvariño remítenos ao teléfono do concello ou de protección civil. A colaboración que aplica o concello de Neda vai en dúas direccións, colaborar coas administración e colaborar coas persoas máis vulnerables na crise, as persoas maiores. Para iso están, afirma Alvariño, a policía local e os Servizos sociais municipais, que reforzaron o seu traballo. "O concello ten que velar porque todo isto se cumpla e estar aí para solventar calquera problema puntual que se vaia presentando"engade o alcalde socialista.
Os taxis e o transporte metropolitano reduciron a súa frecuencia en Neda e traballan en mínimos pero aí están, de oito da mañá a oito da tarde. Os traballadores municipais realizan o seu traballo desde casa e nalgún caso como a biblioteca municipal lanzan propostas para que os cidadáns pasen mellor o confinamento. Neste caso ofrecen libros on line para pequeños pero tamén para adultos. Alvariño recoñece especialmente o labor da policía local, protección civil e Garda Civil de Fene que dan o mellor posible nesta situación especial. Informan pero algunha sanción, comenta Ángel Alvariño, tiveron que impor.
Publica o teu comentario agora