Mómaros á rúa

Novas actividades comparten tempo coas tradicionais nas Peras
05 de Setembro, 2019 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

As festas das Peras de Pontedeume dilátanse do 6 ao 11 de setembro. Os mómaros e cabezudos paséanse pola vila eumesa cada dia para comprobar que todo marcha ben.

O venres dia 6 de setembro arraca unha nova edición da Festa das Peras de Pontedeume. Ata o mércores dia 11 sucederanse na vila eumesa cantidade de iniciativas, tradicionais ou completamente novas como o madrugador I Concurso de Pesca Infantil que abre as festas mañá ás 10 da mañá, ou a I Carreira Urbana ás 17h. Ás 19.00 horas están previstos os Cantos de Taberna e ás 23.30 horas, concerto de Treixadura.

O sabado os Mómaros e cabezudos (na imaxe en 2018) iniciarán o seu percorrido polas ruas e ás 20.30, á mesma hora que Paco Lodeiro asomará polo balcón municipal para pronunciar o pregón das Peras 2019. Remata esa xornada co concerto de Efecto Mariposa, ás 00,30h.

O domingo 8 celebrase a misa solemne en honor á Virxe das Virtudes. Pola tarde sucederanse, ás 19h o II Festival de Bandas e ás 20,30h teatro na praza da Calzada. Acabase coa verbena a cargo de foliada.

O lunes 9 o concurso de froita acapara a atención dos eumeses durante toda a mañá na Alameda de Raxoi onde ás 12.00 horas terá lugar a degustación popular e a actuación da charanga Mekánica.

O martes 10 é festivo local en Pontedeume e ás 12h celebrarase a misa da bendición dos bolos de San Nicolás. Pola tarde ás 18h celebrase a XV Cronoescalada a Breamo e pola medianoite o Combate Naval, un dos momentos máis multitudinarios das Peras.

A Xira campestre ao rio Eume o mércores 11, rio arriba ata a Xunqueira onde se celebra o xantar popular, é o remate das Peras cuxas notas finais porá a orquestra París de Noia na última verbena.

Cultura

Publica o teu comentario agora