Música chairega para o próximo film de Carmelo Gómez

Música chairega para o próximo film de Carmelo Gómez

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A banda sonora do filme Agallas, que ten como principais protagonistas aos actores Carmelo Gómez e Hugo Silva, conta cun tema do Dj vilalbés Marcos Peón e do friolés Arturo Vaquero, que forman xuntos a banda Dummie Project.

O sencillo Baila mi música, no que participa tamén a vocalista coruñesa Lis, da ambientación sonora a unha das secuencias da película, ademais de aparecer no CD de Agallas.

 

 

Marcos Peón é o Dj da discoteca Troco de Vilalba, que é un dos espazos mais visitados nas noites e madrugadas dos fins de semana da Terra Chá e da provincia de Lugo. Peón leva mais de 12 anos recorrendo as cabinas dos mellores clubs do noroeste español e compartindo pratos con dj´s de prestixio nacional e internacional.

 

Pola súa banda, Arturo Vaquero é un nome de referencia dentro da música e da produción da nosa comunidade. Actualmente rexenta os Estudos Abrigueiro en Friol, onde emprega o seu oído e a súa experiencia na procura de novos talentos da composición melódica galega.

 

Entre ambos forman, desde 2008, o Dummie Project, banda de house que editou este primeiro single no selo Disex Productions, que é unha das compañías mais afamadas da música electrónica española.

Cultura