Música da nosa

Música da nosa

11 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As ocupacións laborais mantiveron durante algún tempo apartado dos escenarios ao grupo Estimaba que viñeras. Gústalles a música de Gwendall e de Luar na Lubre, pero de moitos grupos máis e de diversos estilos, "porque cada ún é do seu pai e da súa nai". Este sábado estrean pezas novas nun dos espazos que máis hospitalidade amosan coas belas artes.

O local Vichelocrego, Barallobre, (Fene A Coruña) ofrecenos a actuación de Alabama e de Estimaba que viñeras.  Ás 9 da noite tocará o grupo Alabama, formado por antigos compoñentes de Amadeus. Arredor das 11 e media o grupo Estimaba que viñeras, retorna aos escenarios despois dunha parada por diferentes motivos. Música en directo esta noite en Vichelocrego. No mesmo espazo, ás oito e media da tarde, gala fin de temporada da liga de fútbol sala de Fene. Haberá entrega de trofeos e pinchos para os xogadores.

Sociedade