A música de Elodio y los Seres Queridos, un cañonazo directo ao corazón

A música de Elodio y los Seres Queridos, un cañonazo directo ao corazón

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A música pop de "Elodio y los Seres Queridos" escoitaráse este venres, 7 de agosto na localidade ourensana de Ribadavia. O concerto do cuarteto será ás doce da noite na Sala La Lola. O custe da entrada é de 3 euros. Catro persoas atópanse baixo este pseudónimo tan particular: Manuel Santamaría(piano, teclados e coros), Pablo Muñíz baixo),Eladio Santos (voz, guitarra acústica, eléctrica e es

Elodio practica un surrealismo pop accesible, simpático e dunha altura incontestable. Cunha voz grave, profunda, áspera e unha actitude doce, consegue chamar a atención con grandes temas, melódicos e moi ben feitos. Ben podería ser un roqueiro frustrado o un acaudalado facedor de éxitos, ou sinxelamente o primeiro exemplar xenuíno dos grandes cantautores, despóis de décadas de mediocridade. Acada o que semellaba imposible, non repetirse, metáforas e imaxes rotundas, clarísimas na súa sinxeleza. Un renacemento de vida entre as rochas. A pesares de escupila a borbotóns, en ningún momento empaláganos. O seu talento é todo un descubrimento. 

Este venres os que se acheguen a Ribadavia poderán desfrutar da súa música.

Sociedade