A música de Jose Afonso é unha patria

A música de José Afonso é unha patria
19 de Abril, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A Galiza é para mim uma especie de patria espiritual, irmá da nossa, dixo o Zeca. Para moitos galegos, para moitas galegas, tamén é unha patria a música de José Afonso. Alén de debates académicos sobre a lingua e sobre a propia identidade das nacións, imponse en cada persoa esa rotunda realidade emocional, afirma Xurxo Souto no seu libro “Somos un pobo de artistas”.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Xurxo Souto sobre o seu libro "Somos un pobo de artistas"

http://173.255.131.18/audio/190424SOUTO.mp3

Fotografia Xan Xe

Souto reclama a creatividade da música galega contemporánea e pon en valor a mutua atracción que senten literatura e poesía. Lembra que o primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os Cantares Gallegos de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Xurxo Souto trasladou en Radio Fene a súa proposta para recuperar o encontro entre eses dous mundos.
Xurxo Souto, líder e vocalista de Os Diplomáticos de Monte alto entre  1990 e  2001. Coa música segue nunha estreita ligazón en formacións como Os Tres Trebóns e na actualidade coa Orquestra Bravú Xangai.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora