ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fillas de Cassandra, Ataque Escampe ou Familia Caamagno actuarán en Fene nos vindeiros meses. O Concello ven de acollerse á convocatoria da Rede Cultural da Deputación e solicitar 15 espectáculos que, xunto coas actividades contratadas con fondos propios e os que poida contratar ao abeiro do programa de AGADIC “Cultura no Camiño”, conformarán a programación municipal do ano.
Os 15 espectáculos solicitados ao abeiro da Rede Cultural abranguen diferentes xéneros e están dirixidos ao público en xeral. Trátase dun amplo abano de propostas pensadas para todos os gustos. No eido musical, salientan os concertos programados de Fran Amil, Fillas de Cassandra, Ataque Escampe, Familia Caamagno e Thee Blind Crows. Tamén actuarán este ano en Fene os humoristas Touriñán, David Perdomo, Oswaldo Digón, Isi, Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro. En canto aos contacontos e outros espectáculos para bebés e público familiar contratados, a Concellería de Cultura avanza nomes coma Fantoches Baj, María e Jorge, Vero Rilo ou Trémola Teatro. E no eido dos títeres e monicreques, o Concello de Fene volverá participar de novo este ano no certame Festea (Festival de Entes Animados). A programación complétase co espectáculo de danza Frida.
Estas son as actividades confirmadas entre os meses de abril e xullo de 2023:
ABRIL
Xoves, 20 de abril, ás 19:30 na Casa da Cultura
o Relatorio de Bea Hervella co título O cambio climático en Galicia. (ContandoCiencia).
Programación municipal.
Venres, 21 de abril, ás 20:00 h, no Museo do Humor
o Presentación da monografía dedicada a Xaquín Marín editada polo Museo do Humor e
subvencionada pola Consellería de Cultura. Programación Municipal.
MAIO
Martes, 9 de maio, ás 19:30, na Casa da Cultura
o Relatorio de María Canosa co título Máis vale maña que forza (ContandoCiencia).
Programación municipal
Sábado, 13 de maio, 20:30 h, no CMI Unidade de Fene
o Concerto de Fran Amil, Popsía (presentación do libro gañador da última edición do
Premio Pérez Parallé. Rede Cultural en colaboración co CMI Unidade de Fene
XUÑO
Mes de xuño, Casa do Concello de Fene o Repintado do Mural “Fene pola Paz”, de Xaquín Marín, a cargo de ASPANEPS. Programación municipal en colaboración con ASPANEPS.
XULLO (CICLO: XULLO, MES DA PATRIA)
Venres, 7 de xullo, a partir das 18:00 h na Praza do alcalde Ramón José Souto González.
FESTA INFANTIL (xogos con auga, obradoiros, animación, inchables...). Programación
municipal.
Xoves, 13 de xullo, ás 20:30, na Praza alcalde Ramón José Souto González
Habaneiras e canto coral. Programación municipal en colaboración coas corais e
rondas participantes.
Venres, 14 de xullo, ás 21:00 h, na contorna do CPS de San Valentín.
Fantoches Baj co espectáculo Chulises e os velocíclopes (Rede Cultural en
colaboración co CPS de San Valentín)
Sábado, 15 de xullo, ás 22:00 h. Praza alcalde Ramón José Souto González
Monólogo Touriñán. Aquí tou! (Rede Cultural). Entrada gratuíta previa reserva. Aforo
limitado.
Xoves, 20 de xullo, ás 21:00 h, Praza do alcalde Ramón José Souto González
Concerto TRIKITRIKI (programación municipal) e FILLAS DE CASSANDRA co
espectáculo Acrópole (Rede Cultural)
Venres, 21 de xullo, ás 21:00 h. Praza alcalde Ramón José Souto González
Concerto ATAQUE ESCAMPE co espectáculo Xira 2023 e FAMILIA CAAMAGNO, co espectáculo O mundo está derrotado (Rede Cultural)
Sábado, 22 de xullo. No Parque Lineal do Río Cádavo, ás 13:00, lectura da Declaración institucional.
Na Praza do alcalde Ramón José Souto González, ás 21:00 h, concerto de AIRIÑOS
DE FENE máis banda convidada (programación municipal)
Na imaxe, Fillas de Cassandra.
Publica o teu comentario agora