Música e surf no Nachiños Fest

Ferrol apúntase á febre festivaleira co Nachiños Fest o 6 e 7 de setembro.
05 de Agosto, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira edición do Nachiños Fest terá lugar en Covas os próximos días 6 e 7 de setembro. Novedades Carminha ou Guitarricadelafuente son os primeiros grupos confirmados para un festival que trae o mellor da música nacional nun ambiente de praias e natureza.

ESCOITA O PODCAST:

Os seus organizadores, Jorge Cobelo e Fernando Amador, contáronnos a filosofía do festival.Trátase dun evento que busca achegar á xente a Ferrol, pero fora da cidade, que coñezan as praias e as costas e gocen do Galicia Pro Surf, que celebra as súas finais eses mesmos días.

En canto á música, o festival non se pecha a nada, pero o cartel deste primeiro ano céntrase en ofrecer música do xénero “indie” e en traer a artistas nacionais.Grupos e artistas en auxe como Novedades Carminha, Carlos Sadness ou Guitarricadelafuente encabezan o festival coa súa música de “bo rollito”. A falta de preto de un mes para o evento, os organizadores comentaron que queda algún nome máis por confirmar.

Os interesados poderán acceder aos concertos de ambos días cun abono por un prezo de 30 euros. Poderán acampar no camping xunto o recinto do festival cun 15% de desconto presentando o abono e tamén no Hotel Suízo cun desconto do 10%.

Cultura

Publica o teu comentario agora