A música nas catedrais galegas.

A música nas catedrais galegas.

30 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A música nas catedrais galegas é un traballo da editorial ourensana Armonía Universal, que dirixe Carlos Núñez Deza, especializada na edición e a recuperación do patrimonio musical. Trátase dun ambicioso intento para rescatar o patrimonio musical galego, recuperando un valioso repertorio musical. Esta obra obtivo no ano 2011 o primeiro posto na convocatoria de Grandes Proxectos Editoriais de Galicia.

Presentanse os cinco primeiros volumes, en edición bilingüe, que corresponden integramente á música dos mestres de capela da catedral de Ourense (S. XVIII e XIX). " A música nas catedrais galegas. Catedral de Ourense", de Rafael Máñez Martorell é unha edición coidada e rigorosa, cun esmerado deseño, que inclúe a edición fiel de partituras que poderán ser interpretadas, un estudo musicolóxico destas, apuntamentos biográficos de cada mestre de capela e a oportuna contextualización histórica. Preséntanse o venres, 31 de maio, ás 20:15 h. no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

Sociedade