Música nas oficinas

O alumnado do IES de Fene ofrece un concerto na Casa do Concello de Fene
09 de Abril, 2019 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

A causa do mal tempo, o Musiqueando que ía celebrarse no exterior, na Praza Ramón Souto, acabou celebrándose no interior da Casa do Concello, daí que as notas subiran polas oficinas municipais, alegrando a vida do funcionariado por unhas horas.

ESCOITA O PODCAST:

Máis dun cento de alumnos e alumnas do IES Fene saíron fora do centro esta mañá para desplegar todo o seu talento musical e compartilo con veciños e veciñas de Fene. Ás 11 horas acudiron á casa do concello de Fene  para amosar o aprendido nas aulas coa profesora de música, Bárbara Mourelo e ofrecer uns mini concertos a golpe de xilófonos e bombos. Unha anovadora iniciativa incluída no proxecto “Musiqueando”, coa que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo.

As diferentes actuacións musicais sucedense ata a 13 h, protagonizadas polo alumnado da ESO e Bachelerato. O concerto ía celebrarse ao ar libre na praza Alcalde Ramón Souto pero trasladouse ao interior do salón de plenos da Casa do Concello, a causa da choiva. Numerosos familiares séguenno con emoción porque os rapaces e rapazas tocan moi ben. Teñen unha boa mestra.

Cultura

Publica o teu comentario agora