Música nos andéns galegos

Música nos andéns galegos

16 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O sábado 17 de decembro na Coruña e o domingo 18 en Ourense. As estacións de Adif da Coruña e Ourense-Empalme acollen a actuación do Coro da Fundación dos Ferrocarrís Españois. O conxunto, composto por 40 voces mixtas, interpretará un variado repertorio que inclúe algúns temas populares galegos.  Esta iniciativa forma parte das accións recollidas no Plan Empresa Cidadá de Responsabilidade Social Corporativa

As estacións de Adif da Coruña e Ourense acollen este fin de semana a actuación do Coro da Fundación dos Ferrocarrís Españois (FFE), de Madrid. Os concertos terán lugar o sábado 17, a partir das 19.00 horas, na estación da Coruña, e o domingo 18, desde as 12.00 horas, na estación de Ourense-Empalme. Estas actuacións enmárcanse no convenio de colaboración establecido entre Adif e a FFE, co obxectivo de fomentar a actividade musical e de sensibilización no ámbito da convivencia, o diálogo e a cultura.

O programa inclúe un variado repertorio no que predominan os temas populares hispanoamericanos e composicións do folclore rexional español, entre as que destacan varias cancións populares de Galicia.
As actuacións, que terán unha duración aproximada dunha hora dividiranse en dous partes, cun pequeno intermedio. A primeira inclúe sete cancións, con temas españois e suramericanos tan coñecidos como "La flor de la canela", "Eres tu", "Hijo de la luna", ?Mañana de carnaval" ou a canción popular galega "O voso galo comadre". A segunda parte, que comeza con outro belo tema galego, "Negra sombra", estará adicada a obras eminentemente do Nadal.

Coro da FFE

Desde 1997, ano da súa presentación, o Coro da Fundación dos Ferrocarrís Españois ha ofrecido numerosos concertos, destacando as súas recentes actuacións en San Pedro do Vaticano, Praza de España e Panteón de Agripa (Roma), Catedral de Notre Dáme e Igrexa da Madeleine (París) e a Catedral de Santiago de Compostela.

O Coro está dirixido por Ignacio Pilone e Francisco José Flores (director asistente). Conta con 40 voces mixtas e dispón dun amplo repertorio de obras de corte renacentista, barroco, lírico, popular e litúrxico.

Adif fixou seis compromisos para dar resposta aos desafíos que expoñen a sociedade e o medio ambiente en materia de responsabilidade social. Un destes obxectivos é facer das infraestruturas e instalacións ferroviarias un espazo cada vez de maior valor para a cidadanía, aportador de benestar e progreso, así como solidario cos que máis o necesitan, de acordo co Plan Empresa Cidadá de Adif.
Neste sentido, unha das liñas de actuación de Adif consiste en potenciar as estacións como espazos de encontro, cultura e difusión de valores accesibles a todos aos cidadáns. Con este fin nace o Programa Estación Aberta Adif, no que se enmarca esta iniciativa, e no que teñen cabida actividades de interese social e utilidade pública, como exposicións, concertos e campañas de difusión e sensibilización de valores.

Sociedade