A música quedou conxelada

A música quedou conxelada
22 de Maio, 2020 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O músico ferrolán, Al Vila, busca videoclip para o seu novo single "...y ocurrió". O domingo acaba o prazo de envíos.

ESCOITA O PODCAST:

Un videoclip

O cantautor ferrolán, Al Vila, non perdeu o tempo durante o confinamento e ten un single listo pero sen videoclip que o acompañe na promoción. Por iso ocorréuselle a idea de facer o proxecto interactivo e pedir axuda á xente que goste do audiovisual. O domingo 24 de maio é o último día para envialo ao correo alvilaoficial@gmail.com O título da canción é “…y ocurrió”. Xa recibiu vídeos. “Hai de todo, quen fai playback da canción, quen a escenifica, quen pon fotogramas…” explica o músico ferrolán. Engade que “non é necesario ser un gran profesional, simplemente darlle un toque diferente ao que se estivo vendo neste tempo de confinamento, esas multipantallas xa moi vistas”.

A axenda de Los Alcántara

Como a todos os músicos, como a todo o noso mundo cultural, a crise sanitaria parouno e é dos sectores que ten peor prognóstico  a curto e medio prazo. Esta crise fixo que Los Alcántara, grupo do que forma parte Al Vila, tivese que suspender ou adiar numerosos compromisos. A axenda do grupo mantense desde xullo en diante pero tamén está no ar que poidan actuar. “Seguramente poderemos tocar en vodas, pero difícil poder facelo en festivais ou festas patronais” explica Al Vila e engade que durante o confinamento non puideron ensaiar porque a metade do grupo vive na Coruña e a outra en Ferrol. A alarma sanitaria pillounos en plenos ensaios de tres temas novos que quedaron conxelados.

Cultura

Publica o teu comentario agora