Música rock e folk no III Arde Rande

Música rock e folk no III Arde Rande

03 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A terceira edición do festival Arde Rande arranca na noite de hoxe cun concerto de rock. As 22:00 horas subiranse ao escenario os grupos locais Nocheni, Retroblues e The Silence así como a agrupación do Morrazo Malas pulgas.

Un concerto de balde que se desenvolverá baixo a ponte e onde haberá unha barra que ofrecerá bebidas a prezos populares para, segundo explicaban dende a Asociación Cultural e deportiva organizadora do evento "evitar o botellón".

Mañá sábado a partir das sete da tarde celebrarase un serán popular con gaiteiros, baile e tapas gratuitas para todos os que se acheguen. Este I Serán organízase a petición dos propios veciños que demandaban unha actividade conxunta para grandes e cativos. 

Cultura