Músicas para a Semente

O festival celebrase o domingo no Pazo da Cultura de Narón
09 de Outubro, 2018 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Este ano o Musicas para a Semente ten un cartelazo con Caxade, Pakolas ou Ses entre os músicos convidados

ESCOITA O PODCAST:

A Escola Semente de Trasancos empeza un novo curso co festival Músicas para a Semente, que se celebra o domingo desde as seis da tarde no Pazo da Cultura de Narón, presentado por Xurxo Souto. Da cita falamos esta mañá con Lidia Pena que a calificou como un "cartelazo" para crianzas e persoas adultas. Non estará exento de sorpresas. Caxade, Pakolas e SES e Quenindiole, conforman o cartel para todos os públicos. Falamos tamén da filosofía desta rede de escolas que chega a Vigo, Lugo e Santiago e que ten o noso idoma como eixo arredor do que se move todo.

Na Escola Semente de Trasancos matriculáronse en setembro 16 crianzas  e en xaneiro entrarán outras catro. As entradas para Musicas para a Semente están á venda na billeteira do Pazo e tamén pode mercarse por Internet.

Cultura

Publica o teu comentario agora