Mañá constitúese unha comisión de investigación sobre o accidente da refinería

Mañá constitúese unha comisión de investigación sobre o accidente da refinería

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O comité de empresa da refinería de Repsol na Coruña constituirá mañá venres unha comision de investigación sobre o accidente que esta mañá provocou feridas graves en 2 empregados. Os traballadores continúan ingresados con queimaduras no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Os empregados levaban tempo traballando na refinería, segundo declarou a Radiofusión a secretaria xeral da Federación de Químicas de CCOO na Coruña Dolores López Vigo. A sindicalista confirmou a constitución da comisión de investigación que determinará as circunstancias nas que se produciu o accidente e se houbo algún incumprimento das medidas de seguridade e hixiene.

Sociedade